ZONA SOCIOS
  • Nome: 
    Clave:  

Benvid@s a páxina Web da Asociación de Gardas de Galicia.

Despois de algún que outro intento, e porque non dicilo, tamén fracaso o 23 de Outubro de 2007 constitúese a 'Asociación de Gardas de Galicia'. A mesma nace por un compromiso adquirido polos compañeiros que a constituímos, cun claro obxectivo e uns fins ambiciosos.

Este obxectivo principal non é outro que poñer de novo en valor a nosa figura profesional, e dicimos de novo porque si noutros tempos era unha figura de prestixio, que incluso terciaba nas disputas entre veciños no rural administrando "xustiza" e poñendo paz entre preitos por lindes e animais, nos últimos tempos estase vendo achicada hasta termos moi graves, sen case relevancia nas institucións e administracións públicas, e onde,  a día de hoxe, non se conta a penas con nos para dar a nosa opinión en temas relacionados co Medio Ambiente e ca súa protección.

En canto a os fins dos que falamos, forman parte dos estatutos de constitución da Asociación, e como máis adiante comprobaredes ó consultalos son unha declaración de principios no referente o noso traballo.

Queremos enumerar aquí algúns dos instrumentos dos que AGGA se valerá para acadar os fins propostos:

"Creación da Escola Galega de Formación e Prácticas para organizar e desenrolar cursos de formación, actualización e asesoramento".

"Facilitar a defensa xurídica para todos os nosos asociados".

Recibide pois a "benvida" a esta páxina web, que é de tódolos Gardas e que desexamos que se converta nun foro aberto onde participedes todos.

Saúdos e de novo BENVIDOS.